venres, 20 de decembro de 2019

CONFERENCIAS INFANTIL

As nenas e nenos de 4 e 5  anos  investigaron sobre as augas subterráneas, como se forman e o uso que lle damos. Tamén nos demostraron cun experimento o funcionamento dun acuífero.

        
 O alumnado de  3 anos investigou sobre as propiedades da auga, experimentou cos seus estados e contounos onde podemos atopar a auga en cada unha das súas formas. na súa conferencia recordáronnos a importancia da auga e moitísimos usos que lle podemos dar.

        

xoves, 19 de decembro de 2019

CONFERENCIAS 1º E 2º

O alumnado de 1º falounos da importancia da auga para os seres vivos e os nenos e nenas de 2º centráronse no estudo dos polos da Terra.



mércores, 18 de decembro de 2019

CONFERENCIAS 3º E 4º

Como resultado das súas investigacións, o alumnado de 3º falounos sobre os ríos e o alumnado de 4º sobre o ciclo da auga. Tamén nos presentaron os seus experimentos.



CONFERENCIAS 5º E 6º

A auga no sistema solar, os océanos, a auga na nosa función de nutrición, auga e enerxía, a hidrosfera e a reciclaxe da auga, son os temas que nos presentaron os nenos e nenas de 5º e 6º. Os experimentos: mesturas con auga e un filtro caseiro.




INFORMES FILTRO DEPURADOR 5º

MESTURAS CON AUGA 6º

mércores, 4 de decembro de 2019

CIENCIA: COÑECER PARA VALORAR

Durante o mes de novembro adicámonos á ciencia, a investigar para coñecer o máis posible sobre a auga, tamén a través de experimentos. Finalmente contámonos uns cursos a outros o que aprendemos, para saber todos moito máis. Fixémolo de diferentes xeitos para expoñer pola escola, pero ademais celebramos unha semana de conferencias, da que pronto compartiremos unha mostra.

luns, 25 de novembro de 2019

IDEAS A VOAR

Así amosaron as aulas as ideas previas e as que van xurdindo nesta primeira fase do proxecto:






mércores, 20 de novembro de 2019

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

O  20 de novembro de 1959 as Nacións Unidas aprobaron unha Declaración dos Dereitos do Neno, en base a 10  dereitos fundamentais da Infancia. Estes Principios se ampliaron e concretaron en 54 artigos recollidos no Convenio sobre os Dereitos do Neno, asinado o 20 de novembro de 1989. 
É por isto que hoxe, para conmemorar este día, traballamos e reflexionamos sobre eles nas aulas.

O dereito á auga é un dos fundamentais e moi vencellado con todos os demais. Neste quebracabezas colectivo recóllense as reflexións de cada nivel sobre diferentes Dereitos e a importancia da auga para acadalos.

DEREITO A XOGAR - 4º Educ. Infantil
DEREITO Á ALIMENTACIÓN - 1º Educ. Primaria

DEREITO A UN FOGAR - 3º Educ.Primaria


DEREITO Á SAÚDE - 4º Educ. Primaria

DEREITO Á EDUCACIÓN - 5º e 6º Educ. Infantil

DEREITO A TER UNHA FAMILIA - 2º Educ. Primaria

DEREITO Á LIBERDADE DE EXPRESIÓN - 5º Educ. Primaria
DEREITO A NON TRABALLAR - 6º Educ. Primaria

Con todas estas pezas confecionamos un xigante quebracabezas conxunto, que preside a entrada do cole para compartir con toda a comunidade





venres, 8 de novembro de 2019

INTERESÁNDONOS POR ESTE PROXECTO

Neste  mural  fixeron públicas as reflexións que escribiron na clase de 5º despois de escoitar e ver o vídeo da canción AGUA, e enterarse da súa intención. Utilizaron os ordenadores para escribir e  enviar.
Para ler todos os textos de opinión hai que premer na imaxe do mural ou AQUÍ.




Tras unhas buscas descubriron unha grande cantidade de adxectivos que podemos atribuir á auga. Utilizáronos para contribuir ás nubes que decoran a entrada do cole:








Despois escribiron unhas historias ambientadas en diferentes lugares onde a importancia da auga é protagonista.


Podedes lelas en cada unha das ligazóns:

E aquí están mergullados de cheo e preparados para o seguinte reto:

martes, 5 de novembro de 2019

COMEZANDO PROXECTO EN 6º

Na clase de 6º xurdiron reflexións sobre o vídeo e a canción AGUA, que quedaron plasmadas nunha nube de palabras para sumarse ás nubes das outras clases.






Investigando xa andan e din que son "Unha corrente imparable"!


venres, 4 de outubro de 2019

PRIMEIRA PINGA

A primeira pinga deste proxecto ven con música,da man de Elefantes e Manolo García. Este videoclip, tanto polo contido como pola súa finalidade invita á reflexión, a formular preguntas e a comezar investigacións.
Que pasaría si nos falta?
 

martes, 1 de outubro de 2019

SOMOS AUGA

A auga será a gran protagonista do proxecto que desenvolveremos neste curso.
Investigaremos  sobre distintos aspectos,dos que iremos dando boa conta neste blog, tomando consciencia  da importancia da auga para a vida.
Arrancamos!