venres, 10 de xullo de 2020

FOTOGRAFÍA E LEMA

Rematamos de xeito virtual, compartindo as nosas fotografías e lemas. 
Moitas grazas!

       

venres, 19 de xuño de 2020

FALAMOS CON EXPERTAS

As alumnas e alumnos de 3º de  Primaria entrevistaron a persoal sanitario para coñecer sobre as enfermidadades, o coidado  e a hixiene persoal, a alimentación e como a auga resulta fundamental para a saúde.
Unha doutora de familia e unha pediatra son as expertas que resolven dúbidas e invitan á reflexión sobre a importancia da auga no noso benestar e para a vida.

A AUGA NA LINGUA 2


As nenas e nenos de 3 anos traballaron cos ditos e refráns sobre a auga que aportaron as familias.

luns, 15 de xuño de 2020

EXPERIMENTANDO COA AUGA

Durante a cuarentena, ao alumnado de 2º  deunos tempo de facer moitas cousas, unha delas foi experimentar coa auga dentro do noso Proxecto. 
Fixemos uns experimentos sinxelos para ver o cambio de estado de este líquido.



venres, 12 de xuño de 2020

A AUGA EN LENDAS

As fontes, lagoas, ríos e mares foron dende sempre lugares inspiradores de historias fantásticas con personaxes imaxinados, contadas ao longo do tempo e que aínda hoxe perviven nas culturas dos pobos. Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria recollen algunhas destas lendas, de preto e de lonxe, nun programa de radio feito dende a casa:



Os nenos de primeiro tamén debuxaron a súa interpretación das xacias do Miño:

mércores, 10 de xuño de 2020

A CIVILIZACIÓN EXIPCIA

Grandes civilizacións antigas prosperaron á beira de ríos, como a civilización exipcia, ligada ao río Nilo que lles proporcionaba o necesario. Así aprenderon os nenos e nenas de 5º e 6º de E. Infantil, terminando o seu traballo dende a casa:

Hecho con Padlet

luns, 8 de xuño de 2020

MARES E OCÉANOS

Sobre as grandes masas de auga salgada do planeta investigaron en  4º de Primaria, coincidindo co Día Mundial dos Océanos, datos e curiosidades sobre estes ecosistemas que tamén debemos coidar e conservar. Preme nas imaxes para ler mellor:













venres, 5 de xuño de 2020

A AUGA NA LINGUA

A auga está presente en moitas expresións e ditos que utilizamos a cotío. Estes exemplos nos mostran nenos e nenas de 6º, que indagaron na casa:


martes, 2 de xuño de 2020

UNHA ONG POLA AUGA E POLA VIDA

Tarefa do alumnado de 5º, que recolle o traballo realizado nesta web, creada para divulgar e concienciar sobre a problemática da auga e do cambio climático e como afecta isto ás nosas vidas.


luns, 4 de maio de 2020

VIAXE A ANTÁRTIDA

O alumnado de 6º interesouse polo continente xeado e realizou esta tarefa de investigación:


Tamén nos deixaron un mural no corredor


E agora, dende a casa, deron remate a este documental onde, da súa propia voz, podemos escoitar toda a información.

mércores, 1 de abril de 2020

COA AUGA, DENDE A CASA

O Día Mundial da Auga xa estabamos traballando dende a casa, aquí as aportacións de alumnado de 6º, investigacións e reflexións:






luns, 30 de marzo de 2020

VISITA DE ANXO MOURE

O día 12 de marzo, xusto antes de declararse a alerta sanitaria, visitounos Anxo Moure por cortesía da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Tróuxonos as súas historias, os seus personaxes, as barcas...e sobre todo o seu amor polo río e pola Natureza. Como en outras ocasións pasamos un ratiño moi entretido, falamos da convivencia respectuosa das persoas co río e coa vida que nel habita.








domingo, 15 de marzo de 2020

SEMANA DA PRENSA: A AUGA É NOTICIA

O traballo coa prensa tamén estará centrado nas novas que teñan que ver co proxecto "Somos Auga":


A pesares de non poder rematar a actividade, foron moitas as novas que limos e redactamos.





xoves, 12 de marzo de 2020

AUGA, POESÍA E RAP

Así interpretaron algúns poemas relacionados coa auga en 5º e 6º, facendo fotos e vídeos, buscando imaxes e fondos musicais, utilizando un editor de vídeo e unha app. 






No blog da biblioteca podemos escoitar o recitados en audio dos nenos e nenas de 2º, participando das propostas para este mes de marzo, onde se conmemora a un tempo o Día Mundial da Auga e máis o Día da Poesía.

Os nenos e nenas de 1º inventaron entre todos esta poesía.


luns, 2 de marzo de 2020

ENTROIDO

Preparamos os nosos disfraces para ir celebrar o Entroido a Salvaterra xunto coas outras escolas. Este curso fomos "Auga":
Nubes de todos os estilos
Pingas
Animaliños acuáticos: estrelas de mar, peixiños e caranguexos
Superheroes en defensa da auga
Surfeiros
Tamén aprendemos unha canción para interpretala no parque.
Aquí queda o resumo:

luns, 24 de febreiro de 2020

PINTANDO A AUGA

Observando láminas  e poñendo en práctica formas de representar a auga na pintura, na aula de 5º conseguiron uns bonitos resultados que podemos ver no corredor:






venres, 31 de xaneiro de 2020

A MELLOR SOPA DO MUNDO

A auga é  base da alimentación, por exemplo na sopa. Xunto con outros ingredientes como a colaboración, a aportación e a degustación conxunta nun lugar confortable, convírtese nun alimento moi completo.
Lemos, escoitamos, escribimos receitas, os maiores de Infantil fixeron a sopa, e compartírona.