As nenas e nenos de 4 e 5 anos investigaron sobre as augas subterráneas, como se forman e o uso que lle damos. Tamén nos demostraron cun experimento o funcionamento dun acuífero.
O alumnado de 3 anos investigou sobre as propiedades da auga, experimentou cos seus estados e contounos onde podemos atopar a auga en cada unha das súas formas. na súa conferencia recordáronnos a importancia da auga e moitísimos usos que lle podemos dar.
Como resultado das súas investigacións, o alumnado de 3º falounos sobre os ríos e o alumnado de 4º sobre o ciclo da auga. Tamén nos presentaron os seus experimentos.
A auga no sistema solar, os océanos, a auga na nosa función de nutrición, auga e enerxía, a hidrosfera e a reciclaxe da auga, son os temas que nos presentaron os nenos e nenas de 5º e 6º. Os experimentos: mesturas con auga e un filtro caseiro.