Así amosaron as aulas as ideas previas e as que van xurdindo nesta primeira fase do proxecto:
luns, 25 de novembro de 2019
mércores, 20 de novembro de 2019
DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA
O 20 de novembro de 1959 as Nacións Unidas aprobaron unha Declaración dos Dereitos do Neno, en base a 10 dereitos fundamentais da Infancia. Estes Principios se ampliaron e concretaron en 54 artigos recollidos no Convenio sobre os Dereitos do Neno, asinado o 20 de novembro de 1989.
É por isto que hoxe, para conmemorar este día, traballamos e reflexionamos sobre eles nas aulas.
O dereito á auga é un dos fundamentais e moi vencellado con todos os demais. Neste quebracabezas colectivo recóllense as reflexións de cada nivel sobre diferentes Dereitos e a importancia da auga para acadalos.
![]() |
DEREITO A XOGAR - 4º Educ. Infantil |
![]() |
DEREITO Á ALIMENTACIÓN - 1º Educ. Primaria |
![]() |
DEREITO A UN FOGAR - 3º Educ.Primaria |
![]() |
DEREITO Á SAÚDE - 4º Educ. Primaria |
![]() |
DEREITO Á EDUCACIÓN - 5º e 6º Educ. Infantil |
![]() |
DEREITO A TER UNHA FAMILIA - 2º Educ. Primaria |
![]() |
DEREITO Á LIBERDADE DE EXPRESIÓN - 5º Educ. Primaria |
![]() |
DEREITO A NON TRABALLAR - 6º Educ. Primaria |
Con todas estas pezas confecionamos un xigante quebracabezas conxunto, que preside a entrada do cole para compartir con toda a comunidade
venres, 8 de novembro de 2019
INTERESÁNDONOS POR ESTE PROXECTO
Neste mural fixeron públicas as reflexións que escribiron na clase de 5º despois de escoitar e ver o vídeo da canción AGUA, e enterarse da súa intención. Utilizaron os ordenadores para escribir e enviar.
Tras unhas buscas descubriron unha grande cantidade de adxectivos que podemos atribuir á auga. Utilizáronos para contribuir ás nubes que decoran a entrada do cole:
Despois escribiron unhas historias ambientadas en diferentes lugares onde a importancia da auga é protagonista.
Podedes lelas en cada unha das ligazóns:
martes, 5 de novembro de 2019
COMEZANDO PROXECTO EN 6º
Na clase de 6º xurdiron reflexións sobre o vídeo e a canción AGUA, que quedaron plasmadas nunha nube de palabras para sumarse ás nubes das outras clases.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)