A auga no sistema solar, os océanos, a auga na nosa función de nutrición, auga e enerxía, a hidrosfera e a reciclaxe da auga, son os temas que nos presentaron os nenos e nenas de 5º e 6º. Os experimentos: mesturas con auga e un filtro caseiro.
mércores, 18 de decembro de 2019
mércores, 4 de decembro de 2019
CIENCIA: COÑECER PARA VALORAR
Durante o mes de novembro adicámonos á ciencia, a investigar para coñecer o máis posible sobre a auga, tamén a través de experimentos. Finalmente contámonos uns cursos a outros o que aprendemos, para saber todos moito máis. Fixémolo de diferentes xeitos para expoñer pola escola, pero ademais celebramos unha semana de conferencias, da que pronto compartiremos unha mostra.
luns, 25 de novembro de 2019
mércores, 20 de novembro de 2019
DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA
O 20 de novembro de 1959 as Nacións Unidas aprobaron unha Declaración dos Dereitos do Neno, en base a 10 dereitos fundamentais da Infancia. Estes Principios se ampliaron e concretaron en 54 artigos recollidos no Convenio sobre os Dereitos do Neno, asinado o 20 de novembro de 1989.
É por isto que hoxe, para conmemorar este día, traballamos e reflexionamos sobre eles nas aulas.
O dereito á auga é un dos fundamentais e moi vencellado con todos os demais. Neste quebracabezas colectivo recóllense as reflexións de cada nivel sobre diferentes Dereitos e a importancia da auga para acadalos.
![]() |
| DEREITO A XOGAR - 4º Educ. Infantil |
![]() |
| DEREITO Á ALIMENTACIÓN - 1º Educ. Primaria |
![]() |
| DEREITO A UN FOGAR - 3º Educ.Primaria |
![]() |
| DEREITO Á SAÚDE - 4º Educ. Primaria |
![]() |
| DEREITO Á EDUCACIÓN - 5º e 6º Educ. Infantil |
![]() |
| DEREITO A TER UNHA FAMILIA - 2º Educ. Primaria |
![]() |
| DEREITO Á LIBERDADE DE EXPRESIÓN - 5º Educ. Primaria |
![]() |
| DEREITO A NON TRABALLAR - 6º Educ. Primaria |
Con todas estas pezas confecionamos un xigante quebracabezas conxunto, que preside a entrada do cole para compartir con toda a comunidade
venres, 8 de novembro de 2019
INTERESÁNDONOS POR ESTE PROXECTO
Neste mural fixeron públicas as reflexións que escribiron na clase de 5º despois de escoitar e ver o vídeo da canción AGUA, e enterarse da súa intención. Utilizaron os ordenadores para escribir e enviar.
Tras unhas buscas descubriron unha grande cantidade de adxectivos que podemos atribuir á auga. Utilizáronos para contribuir ás nubes que decoran a entrada do cole:
Despois escribiron unhas historias ambientadas en diferentes lugares onde a importancia da auga é protagonista.
Podedes lelas en cada unha das ligazóns:
martes, 5 de novembro de 2019
COMEZANDO PROXECTO EN 6º
Na clase de 6º xurdiron reflexións sobre o vídeo e a canción AGUA, que quedaron plasmadas nunha nube de palabras para sumarse ás nubes das outras clases.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






























