Grandes civilizacións antigas prosperaron á beira de ríos, como a civilización exipcia, ligada ao río Nilo que lles proporcionaba o necesario. Así aprenderon os nenos e nenas de 5º e 6º de E. Infantil, terminando o seu traballo dende a casa:
mércores, 10 de xuño de 2020
luns, 8 de xuño de 2020
MARES E OCÉANOS
Sobre as grandes masas de auga salgada do planeta investigaron en 4º de Primaria, coincidindo co Día Mundial dos Océanos, datos e curiosidades sobre estes ecosistemas que tamén debemos coidar e conservar. Preme nas imaxes para ler mellor:
venres, 5 de xuño de 2020
A AUGA NA LINGUA
A auga está presente en moitas expresións e ditos que utilizamos a cotío. Estes exemplos nos mostran nenos e nenas de 6º, que indagaron na casa:
martes, 2 de xuño de 2020
UNHA ONG POLA AUGA E POLA VIDA
Tarefa do alumnado de 5º, que recolle o traballo realizado nesta web, creada para divulgar e concienciar sobre a problemática da auga e do cambio climático e como afecta isto ás nosas vidas.
luns, 4 de maio de 2020
VIAXE A ANTÁRTIDA
O alumnado de 6º interesouse polo continente xeado e realizou esta tarefa de investigación:
Tamén nos deixaron un mural no corredor
E agora, dende a casa, deron remate a este documental onde, da súa propia voz, podemos escoitar toda a información.
mércores, 1 de abril de 2020
COA AUGA, DENDE A CASA
O Día Mundial da Auga xa estabamos traballando dende a casa, aquí as aportacións de alumnado de 6º, investigacións e reflexións:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












