O día 12 de marzo, xusto antes de declararse a alerta sanitaria, visitounos Anxo Moure por cortesía da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Tróuxonos as súas historias, os seus personaxes, as barcas...e sobre todo o seu amor polo río e pola Natureza. Como en outras ocasións pasamos un ratiño moi entretido, falamos da convivencia respectuosa das persoas co río e coa vida que nel habita.
luns, 30 de marzo de 2020
domingo, 15 de marzo de 2020
SEMANA DA PRENSA: A AUGA É NOTICIA
O traballo coa prensa tamén estará centrado nas novas que teñan que ver co proxecto "Somos Auga":
- Recompilación de noticias do alumnado de 6º durante o curso a través do programa Prensa Escola de La Voz de Galicia.
- Reescritura de noticias lidas en todos os niveis.
xoves, 12 de marzo de 2020
AUGA, POESÍA E RAP
Así interpretaron algúns poemas relacionados coa auga en 5º e 6º, facendo fotos e vídeos, buscando imaxes e fondos musicais, utilizando un editor de vídeo e unha app.
luns, 2 de marzo de 2020
ENTROIDO
Preparamos os nosos disfraces para ir celebrar o Entroido a Salvaterra xunto coas outras escolas. Este curso fomos "Auga":
Nubes de todos os estilos
Pingas
Animaliños acuáticos: estrelas de mar, peixiños e caranguexos
Superheroes en defensa da auga
Surfeiros
Tamén aprendemos unha canción para interpretala no parque.
Tamén aprendemos unha canción para interpretala no parque.
Aquí queda o resumo:
luns, 24 de febreiro de 2020
PINTANDO A AUGA
Observando láminas e poñendo en práctica formas de representar a auga na pintura, na aula de 5º conseguiron uns bonitos resultados que podemos ver no corredor:
venres, 31 de xaneiro de 2020
A MELLOR SOPA DO MUNDO
A auga é base da alimentación, por exemplo na sopa. Xunto con outros ingredientes como a colaboración, a aportación e a degustación conxunta nun lugar confortable, convírtese nun alimento moi completo.
Lemos, escoitamos, escribimos receitas, os maiores de Infantil fixeron a sopa, e compartírona.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















